Alberto Valtierra Martínez, nado en Vigo o 19 de setembro de 1931 e finado en Madrid o 15 de febreiro de 2013, foi un remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1960, na proba de catro con temoneiro.
Traxectoria miniatura|240px|A cidade de Vigo ós seus atletas. Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma. Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, José Luis Méndez e Emilio García Bengoechea, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional . Datos do remeiro no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo. Arquivado dende o orixinal . Datos do remeiro en olympedia.org .
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 2013 Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1960