Armando González González, nado en Vigo o 8 de agosto de 1931 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 2022, foi un remeiro galego. Participou nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma.
Traxectoria miniatura|240px|A cidade de Vigo ós seus atletas. dereita|miniatura|Necrolóxica de Armando González no Faro de Vigo. Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma. Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, actuando como temoneiro xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, José Luis Méndez, Emilio García Bengoechea e Alberto Valtierra. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado. Notas
Categoría:Nados en 1931
Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1960