Jordan Djounorou Sakho, nado o 4 de abril de 1997 en Kinshasa, é un xogador profesional de baloncesto congolés. Cunha altura de 2,09 m xoga na posición de pivote. O seu actual equipo é o Río Breogán da Liga ACB.
Traxectoria Nado en Kinshasa, República Democrática do Congo, Sakho formouse como xogador nas categorías inferiores do Torrelodones. Tras debutar en Liga EBA, ao seguinte asina co Bàsquet Manresa da Liga ACB, categoría na que debuta o 9 de outubro de 2016 ante o UCAM Murcia. No encontro, disputou 1:40 minutos nos que conseguiu anotar dous puntos. Esa mesma temporada disputa dez xogos máis, sendo a súa mellor actuación na xornada 33 ante o Joventut con 6 puntos e 9 rebotes. Tras ser cedido ao San Pablo Burgos e finalizar o seu contrato en Manresa, o 7 de agosto de 2021 asina polo Río Breogán.
Clubs Ao longo da súa carreira, Sakho ten xogado para os seguintes equipos profesionais: Torrelodones (EBA, 2015–2016) BC Martorell (EBA, 2016−2017) Bàsquet Manresa (ACB, 2016−2021) San Pablo Burgos (ACB, 2020−2021) CB Breogán (ACB, 2021−2022) UCAM Murcia (ACB, 2022−2024) CB Breogán (ACB, 2024−presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Kinshasa Categoría:Xogadores de baloncesto da República Democrática do Congo Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do CB Miraflores Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Murcia