Eustaquio II de Bologne (en francés Eustache IIe de Boulogne), coñecido tamén como Eustace aux Gernons (Eustaquio con bigotes), nado entre 1015 e 1020 no Ducado de Lorena (Reino de Francia), e finado contra 1087, foi un nobre francés.Tanner, Heather. "The Expansion of the Power and Influence of the Counts of Boulogne under Eustace II". Anglo-Norman Studies 14: 251-277. NORTHERN FRANCE, NOBILITY presenta un rango de datas tanto para o seu nacemento como para o seu pasamento. A Encyclopædia Britannica 9ª Ed. apoia 1087 como ano da morte. Isto entra en conflito coa fonte anterior e con e Heather J. Tanner, "Eustace (II), count of Boulogne (d. c.1087)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004.
Traxectoria Fillo de Eustaquio I e Matilde de Lovaina, ao morrer seu pai, herdou o condado de Boulogne, mentres que seu irmán Lamberto herdou o de Lens. Sempre viviu en busca de aliados poderosos para evitar que o seu veciño, o conde Balduíno V de Flandres, anexionara o seu condado, que era próspero por acharse na ruta comercial entre Francia e Inglaterra.
Contra 1036 casou con Goda de Inglaterra, irmá de Eduardo o Confesor, matrimonio que lle permitiu establecer unha alianza coa monarquía inglesa. Viúvo de Goda (1047), Eustaquio casou en 1049 con Ida de Lorena.
Eustaquio II de Boulogne foi un dos compañeiros de Guillerme o Conquistador na batalla de Hastings, polo que recibiu grandes posesións en Inglaterra. Gran personaxe, os seus dominios estendíanse no que hoxe é Pas-de-Calais. Foi o primeiro conde de Boulogne en acuñar moeda.
En 1048 uniuse ao seu sogro contra o emperador Henrique III. Ao ano seguinte, o papa León IX excomungouno por casar dentro do grao prohibido de consanguinidade.Eustaquio e Ida descendían de Luís II de Francia e eran parentes en sétimo grado. Porén, ao non coñecerse a súa ascendencia completa, é posíbel que houbera unha relación máis próxima. É probábel que o papa, que fora elixido polo emperador, actuara en beneficio de Henrique. En Tanner, H., p. 263.
En 1051 Eustaquio visitou Inglaterra e foi recibido con honor na corte de Eduardo o Confesor, o seu excuñado, co que continuaban sendo aliado. Pero, por outra parte, Godwin de Wessex, a figura dominante na Inglaterra da época, casara ao seu fillo Tostig con Judit de Flandres. Máis aínda, Sven, outro fillo de Godwin, mantiña unha disputa co fillastro de Eustaquio, Raúl o Tímido. Unha pelexa na que estiveron implicados cabaleiros de Eustaquio e cidadáns de Dover derivou nun grave conflito entre o rei e Godwin. Este último, en cuxa xurisdición estaba Dover, negouse a castigar aos habitantes, polo que o rei desterrouno cos seus fillos en setembro de 1051. Poren, Godwin regresou e desembarcou ao ano seguinte á fronte de tropas flamengas e, pola forza, obtivo de Eduardo a devolución das súas terras.
Descendencia Non tivo fillos da súa primeira unión con Goda de Inglaterra (ou Godjifu). Do seu matrimonio con Ida de Lorena naceron: Eustaquio III (1056-1125), conde de Boulogne. Godofredo de Bouillon (1058-1099), duque da Baixa Lorena e máis tarde defensor do Santo Sepulcro. Balduíno (1065-1118), conde de Edesa e máis tarde rei de Xerusalén.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nobres de Inglaterra Categoría:Nados no século XI Categoría:Finados no século XI