A igrexa da Asunción atópase na localidade leonesa de Valdesaz de los Oteros, pertencente ao concello de Pajares de los Oteros, en Castela e León.
Historia Formou parte do desaparecido mosteiro de San Cibrán. Ten como elemento principal a capela maior da igrexa, construída en ladrillo e cuberta con rica armadura octogonal mourisca. As naves son de perpiaño, ben trazadas, con decoración exterior de orde toscana, tres arcos por banda, de medio punto e cubierta a nave maior cunha armadura gornecida con lazo, todo iso da segunda metade do século XVI.
Status patrimonial O 15 de xaneiro de 1982 foi declarada monumento histórico-artístico, mediante un real decreto publicado o 24 de marzo dese mesmo ano no Boletín Oficial del Estado, coa rúbrica de Xoán Carlos I e da daquela ministra de Cultura Soledad Becerril. Na actualidade está considerada Ben de Interese Cultural.
Notas
Categoría:Pajares de los Oteros Categoría:Igrexas da provincia de León Valdesaz