Nathalie Poza Maupain, nada en Madrid o 7 de marzo de 1972, é unha actriz española.
Traxectoria miniatura|Nathalie Poza nos Premios Goya 2019 Poza naceu en Madrid, filla de nai francesa e pai español. Estudou en St. Anne's School, un colexio británico de Madrid, e desde pequena aprendeu a tocar o piano e practicou ballet.
A súa carreira estivo moi ligada ao teatro como compoñente do grupo Animalario, co que participou en diversas montaxes xuunto con actores como Andrés Lima, Javier Gutiérrez Álvarez, Guillermo Toledo, Alberto San Juan ou a súa exparella Gonzalo de Castro.
Na televisión colaborou con papeis secundarios en multitude de series desde mediados da década de 1990, incluíndo participacións en Hermanas, Éste es mi barrio, Más que amigos, Periodistas, Señor alcalde, El comisario e Hospital Central. Tivo o seu primeiro papel fixo en 2001, o de Nerea en Policías, en el corazón de la calle e posteriormente en Un lugar en el mundo (2003) e Maneras de sobrevivir (2005).
Os seus primeiros traballos cinematográficos foron as curtametraxes Abierto (El eco del tiempo) (1997) de Jaime Marques, No sé, no sé (1998) de Aitor Gaizka e Ruth está bien (1999) de Pablo Valiente.
En 2002 rodou o telefilme Entre cien fuegos ás ordes de Iñaki Eizmendi e ese mesmo ano estreou El otro lado de la cama, de Emilio Martínez-Lázaro, un dos filmes de máis éxito do cinema español nese tempo. En 2003 Maria Ripoll dirixiuna en Utopía. Participou tamén en Días de fútbol de David Serrano de la Peña e La flaqueza del bolchevique, de Manuel Martín Cuenca. Con estes dous últimos directores rodou posteriormente Malas temporadas (2005) e Días de cine (2007).
En 2013 estreou o filme Todas las mujeres, dirixido por Mariano Barroso e en 2015 uniuse á serie Carlos, Rey Emperador onde deu vida a Xermana de Foix.Carlos, Rey Emperador
Filmografía AnoTítuloDirector2002Entre cien fuegosIñaki Eizmendi2002El otro lado de la camaEmilio Martínez-Lázaro2002UtopíaMaria Ripoll2003Días de fútbolDavid Serrano2003La flaqueza del bolcheviqueManuel Martín Cuenca2005Malas temporadasManuel Martín Cuenca2006Días de cineDavid Serrano2007El club de los suicidasRoberto Santiago2007Salir pitandoÁlvaro Fernández Armero2009Un bo homeJuan Martínez Moreno2012Lo mejor de EvaMariano Barroso2013Todas las mujeresMariano Barroso2016JulietaPedro Almodóvar2017No puedo decir adiósLino Escalera2019Mientras dure la guerraAlejandro Amenábar2020Rifkin's FestivalWoody Allen2020La boda de RosaIcíar Bollaín
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1972 Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Españois de ascendencia francesa