Teresa García-Sabell Tormo, nada en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, é unha filóloga e profesora galega. É filla do médico, escritor, político e académico Domingo García-Sabell.

Traxectoria académica Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid no ano 1969, doutorouse en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990 e foi profesora na Facultade Filoloxía da USC a partir do ano 1969. Durante os anos de docencia impartiu aulas de Historia da Lingua Francesa e Gramática Histórica do francés.

Foi directora do Colexio Maior Rodríguez Cadarso (1986-1989), vicepresidenta da Asociación de Profesores de Francés de Galicia (1993-1996), directora do Departamento de Filoloxía Francesa e Italiana da USC (1996-1999) e membro do comité organizador do congreso "Les chemins du texte" (1997).

Profesora contratada como Maître de Conférences Associée na Universidade de Dijon (Borgoña) no curso 1990-1991 para impartir aulas de Cultura Medieval Europea e Tradución: Thème et Version.

Mentres cursaba estudos universitarios, traballou como tradutora e correctora para a editorial Taurus de Madrid. Froito deste traballo, en 1967 traduciu o ensaio de Jean Bécarud La Regenta de Clarín y la Restauración.

En 1991 a editorial Galaxia publicou parte da súa tese, a relacionada co léxico no volume: Léxico francés nos cancioneiros galego-portugueses. Revisión crítica.

Participou en obras colectivas sobre o estudo das relacións entre a literatura medieval francesa e a galega. Tamén se especializou na tradución dos textos medievais á lingua actual e abordou temas de historia da lingua francesa.

Traxectoria política Presentouse ás eleccións municipais de 1999 na lista do PSdeG-PSOE. Foi elixida concelleira e ocupou o cargo de Concelleira de Cultura, Educación, Presidencia e Relacións Institucionais no Concello de Santiago de Compostela durante dúas lexislaturas a partir de 1999.

Obra

Domingo García-Sabell. A voz e a palabra (2026). Con Siro López. Vigo: Galaxia. ISBN 9788411765923.

Libros colectivos "Puntualización á influencia da escola trobadoresca provenzal no léxico da lírica galego-portuguesa", en Homenaxe ó profesor Constantino García (1981). "Sobre a traducción de textos literarios franceses na Edade Media: o capítulo 6 de Erec," en Actas do Congreso da Associaçao Hispânica de Literatura Medieval (1993). "La traducción de textos medievales franceses a la luz de versiones coetáneas", en colaboración co profesor C. Flores Varela, Actas del II Coloquio sobre los estudios de Filología Francesa en la Universidad española (1994). "A vueltas con la traducción de textos épicos medievales: El retrato de los héroes", en colaboración co profesor C. Flores Varela, en Centenario François Rabelais (1994). "La traducción de textos medievales desde una prespectiva diacrónica: El ataque con espada" en colaboración co profesor C. Flores Varela, La traducción: Metología, Historia, Literatura. Ámbito hispanofrancés (1995). "Quelques cas d´allophonie chez les troubadours", Estudios de Filología Francesa. Edad Media y siglo XVI (1996). "Evolution et développement des formes de l´interrogation directe. 1 Les marques", en La linguistique Française: grammaire, histoire et épistémologie (1996). "Evolution et développement des formes de l´interrogation directe. 2 L´ordre des éléments de la phrase", en Homenaje al Profesor Cantera (1997). "As cantigas de amigo francesas", en O mar das cantigas (1997). "Motifs et formules dans le roman en prose. L´Erec et sa traduction galicienne-portugaise", en colaboración co profesor López Martínez-Morás Relaciones culturales entre España y Francia y otros países de legua francesa (1999). "Compostela y los trovadores", en Homenaxe ao profesor Camilo Flores (1999).

Edición

Lembranzas do meu vivir I: O meu século XIX. Os tempos do instituto, as memorias de Ramón Otero Pedrayo, xunto a Patricia Arias Chachero (2020)

Vida persoal É filla de Domingo García-Sabell e Elena Tormo López, pintora; e irmá de Elena García-Sabell Tormo.

Notas

Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid