A Casa de Normandía ou Dinastía Normanda é a familia á que pertenceron, entre outros, os duques de Normandía e os reis de Inglaterra inmediatamente posteriores á conquista normanda de Inglaterra e que perduraron até que a dinastía Plantagenet subiu ao poder en 1154.
Inclúe a Rollón e os seus descendentes e, desde Guillerme o Conquistador e os seus herdeiros, até 1135. Despois diso disputouse entre a neta de Guillerme, Matilde, e Estevo I da Casa de Blois.
Duques normandos Os duques normandos foron: Rollón, 911–927 Guillerme I, 927–942 Ricardo I, 942–996 Ricardo II, 996–1027 Ricardo III, 1027 Roberto I, 1027–1035 Guillerme II, 1035–1066 (ano en que se converteu en rei de Inglaterra) Monarcas normandos de Inglaterra e Normandía Os monarcas normandos de Inglaterra e Normandía foron: Guillerme I, 1066–1087 Guillerme II, 1087–1100 (non foi duque de Normandía) Roberto II, 1087–1106 (non foi rei de Inglaterra) Henrique I, 1100–1135; 1106–1135 Guillerme III Adelin, 1120 (non foi rei de Inglaterra) Matilde de Inglaterra, 1135–1153.A herdanza de Matilde foi usurpada polo seu primo Estevo I de Inglaterra en 1135. Recuperou Normandía, e gobernou en Inglaterra só en 1141 como Señora dos ingleses. Porén, Matilde conservou os seus dereitos dinásticos até que abdicou en favor de seu fillo Henrique en 1153, despois do Tratado de Wallingford. Estevo (non agnático), membro da Casa de Blois), 1135–1154
Xenealoxía Nota: Os nomes dos reis de Inglaterra marcáronse en letra grosa para diferencialos dos duques de Normandía.
Nota
Véxase tamén
Ligazóns externas House of Normandy na Encyclopaedia Britannica.
Categoría:Normandía Categoría:Ducados de Francia Categoría:Historia de Francia Categoría:Historia de Inglaterra