Jorge Eliécer Julio Rocha, nado en El Retén o 4 de abril de 1969, é un boxeador colombiano que competiu dende 1989 até 2003. Foi medallista olímpico nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl. Retirouse en 2003 logo de 49 pelexas (44 gañadas e 5 perdidas).

Entre o 9 de outubro de 1992 e o 23 de outubro de 1993 foi campión mundial de boxeo na categoría galo. Volveu selo entre o 28 de xullo de 1997 e o 8 de xaneiro de 2000 cando perdeu o cinto contra Johnny Tapia.

Notas

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Medallistas olímpicos en boxeo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Boxeadores de peso supergalo Categoría:Boxeadores de peso galo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Colombia Categoría:Boxeadores olímpicos de Colombia Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 1988