Leidy Yesenia Solís Arboleda, nada en Tuluá o 17 de febreiro de 1990, é unha halterófila colombiana. Obtivo a medalla de ouro nos Xogos Panamericanos de 2007, nos Xogos Suramericanos de Medellín 2010. Posteriormente no mesmo ano, foi campioa de Centroamérica e do Caribe en Mayagüez 2010. Representou a Colombia nos Xogos Olímpicos de 2008 en Pequín, rematando na cuarta posición da súa categoría. Porén, adxudicóuselle de forma extemporánea unha medalla de bronce nos 69 kg pola descualificación da ucraína Natalia Davidova, medalla que se confirmou o 17 de novembro de 2016, 8 anos logo da disputa dos Xogos Olímpicos de Pequín. O 12 de xaneiro de 2017, o COI ratificou a sanción por dopaxe á chinesa Chunhong Liu, quen fora medalla de ouro en Pequín, sumándose á ucraína por inxerir substancias prohibidas; desta maneira, outorgóuselle o primeiro lugar á rusa Oxana Slivenko e a colombiana ascendería de novo no medalleiro, desta volta no segundo lugar, recibindo a medalla de prata.

Notas

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no departamento de Valle del Cauca Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos en halterofilia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Colombia Categoría:Halterófilos olímpicos de Colombia Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2016