Fernan Gonçalvez de Seabra foi un trobador do século XIII.
Traxectoria Crese que é un trobador nado en Portugal, pero de ascendencia leonesa, concretamente da Seabra. Podería ser vasalo do señor portugués Fernão Fernandes de Bragança e estar activo na segunda metade do século XIII.
Obra Consérvanse 15 obras, ademais doutra cantiga de amor de dubidosa autoría. 14 son cantigas de amor e a restante é unha cantiga de amigo.
Notas
Categoría:Trobadores en galego-portugués