Diego Moniz foi un trobador galego do século XIII, activo na corte de Afonso X.

Traxectoria Polo seu apelido e colocación no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, estudosos como Carolina Michaëlis de Vasconcelos sosteñen que era irmán do tamén trobador Airas Moniz de Asma. António Resende de Oliveira atopou o nome de ambos en documentos dos mosteiros de Oseira e de Castañeda.

Obra Consérvanse dúas cantigas de amor. No índice do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa aparecen outras catro cantigas perdidas.

Notas

Categoría:Trobadores en galego-portugués