Nuno Rodriguez de Candarei foi un trobador galego do século XIII, pertencente á lírica galego-portuguesa.
Traxectoria Crese que pertence a unha familia con posesións en Portugal e con relacións coa coroa de Castela. É fillo de Rodrigo Pais de Candrei, documentado entre 1214 e 1230, presente na corte de Fernando III. Así mesmo, é posible que a súa irmá fose Mor Rodriguez de Candarei, esposa do nobre portugués Gomez Viegas de Basto. Estivo activo entre 1225 e 1250.
Obra Consérvanse 5 cantigas de amor, das cales dúas son de dubidosa autoría.
Notas
Categoría:Trobadores en galego-portugués