Ítaca (en grego, Ἰθάκα, Ἰθάκη) é o nome dunha antiga cidade grega na illa do seu mesmo nome, situada no arquipélago das illas Xónicas. Aínda que moitas fontes antigas que se refiren a Ítaca adoitan citar máis ben á illa no seu conxunto, xa a Odisea de Homero alude á cidade de Ítaca, que sitúa ao pé do monte Neio.Homero, Odisea III,81.
Outras referencias expresas á cidade de Ítaca en diversas obras literarias aparecen o Cíclope de EurípidesEurípides, O Cíclope 277. ou no Periplo de Pseudo-Escílax.Periplo de Pseudo-Escílax, 34. Tamén aparece documentada en testemuños epigráficos como dúas inscricións de Magnesia do Meandro datadas entre os séculos III e II a. C. Nunha delas testemúñase a celebración dun festival chamado Odisea.
Consérvanse tamén moedas de Ítaca datadas entre os séculos IV e II a. C. que conteñen a lenda «ΙΘΑ» ou «ΙΘΑΚΩΝ».Hansen & Nielsen (2004), pp. 360-361
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Cidades da Grecia Antiga