miniatura|240px|Valvata piscinalis.(Familia dos valvátidos, superfamilia dos valvatoideos). Os alogasterópodos (Allogastropoda), tamén chamados heterobranquios inferiores (en inglés Lower Heterobranchia) son un grupo de lesmas de mar e caracois acuáticos bastante especializados e moi evolucionados, considerados taxonomicamente como infraclase, unha das dúas en que se divide a sublclase dos heterobranquios. Lower Heterobranchia no WoRMS. Consultado o 18 de agosto de 2021.

Aínda que a gran maioría das súas especies son mariñas, algunhas lograron faceren a transición á auga doce.

Taxonomía Aínda que na taxonomía dos gastrópodos de Bouchet e Rocroi (2005) os heterobranquios inferiores considerábase un grupo informal, Hackenheim (Alemaña): ConchBuch. ISBN 3-9259-1972-4. termo que indicaba a incerteza da súa monofilia,Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2005): "Classification and nomenclator of gastropod families". Malacologia 47 (1-2): 1-397. Estudos posteriores levaron a considerar as superfamilias do grupo como monofiléticas, incluíndoas entre os eutineuros. Tras esta conclusión, o grupo aparece na clasificación de Bouchet e Rocroi de 2017 co rango de infraclase.Bouchet P., Rocroi J.-P et al. (2017): "Revised Classification, Nomenclator and Typification of Gastropod and Monoplacophoran Families". Malacologia 61 (1-2): 1-526. En consecuencia, o World Register of Marine Species (Rexistro Mundial de Especies Mariñas) dálle esta categoría.

Superfamilias Segundo o WoRMS o grupo comprende as superfamilias seguintes: Architectonicoidea Gray, 1850 Cimoidea Warén, 1993 Mathildoidea Dall, 1889 Murchisonelloidea T. L. Casey, 1904 Omalogyroidea G. O. Sars, 1878 Orbitestelloidea Iredale, 1917 Rhodopoidea Ihering, 1876 Valvatoidea Gray, 1840

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bouchet F., Rocroi J.-P., Hausdorf B., Kaim A., Kano Y., Nützel A., Parkhaev P., Schrödl M. & Strong E. E. (2017): "Revised Classification, Nomenclator and Typification of Gastropod and Monoplacophoran Families". Malacologia 61 (1-2): 1-526. Jörger K. M., Stöger I., Kano Y., Fukuda H., Knebelsberger T. & Schrödl M. (2010): "On the origin of Acochlidia and other enigmatic euthyneuran gastropods, with implications for the systematics of Heterobranchia". BMC Evolutionary Biology 10: 323 e ss.

Outros artigos Heterobranquios

Categoría:Gasterópodos