Sergio García Ferrera, nado en Cádavos (A Mezquita) o 3 de maio de 1925 e finado no mesmo lugar o 26 de marzo de 2019, foi un mestre, médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Antonio Bernardo García Barros. Aos once anos foi enviado a estudar a Ourense co seu irmán e viviu cos seus tíos Fructuoso Manrique Martín e Marcial García Barros. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 detiveron ao seu pai e aos seus tíos aos que lle levaba comida á cadea de Ourense. Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como médico interino no Barco de Valdeorras e despois en Guadalaxara. Diplomouse en Madrid en Medicina laboral e Sanidad Nacional. Exerceu como médico titular en Zamora e A Gudiña para finalmente trasladarse á Mezquita. Foi un dos fundadores do PSOE en Galicia. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE da Mezquita e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 1987 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde da Mezquita por maioría simple. Nas municipais de 1991 foi novamente elixido alcalde, nesta ocasión con maioría absoluta. Continuou como alcalde ata 1995, cando non concorreu á reelección.
Recoñecementos
En 2013 inaugurouse en Cádavos unha praza co seu nome."El PSOE destacó el trabajo del exalcalde de A Mezquita, Sergio García Ferrera", La Voz de Galicia, Ourense, 1-9-2013, p. 8.
Vida persoal
Casou na Gudiña con María del Carmen Pravos Rico. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais na Mezquita
Ligazóns externas Homenaxe ao Dr. Sergio García, ex alcalde socialista da Mezquita Héroes o traidores, artigo de Sergio García Ferrera en La Región, . García Ferrera: 'É un orgullo que o lugar leve o meu nome
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos da Mezquita Categoría:Alcaldes da Mezquita
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Mezquita Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2019