A anaconda comúnLuís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 1. A-B. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 233. ISBN 84-95335-45-X (Eunectes murinus) é unha serpe constritora da especie das boas.

Cunha lonxitude que nas femias pode superar os sete metros de lonxitude, e un grosor que pode acadar os trinta centímetros, este animal pode chegar a pesar ata douscentos cincuenta quilogramos. Rivaliza co pitón reticulado polo título de serpe máis grande. Cunha alimentación estritamente carnívora, pode chegar a engulir caimáns de talle medio, capibaras adultas (o roedor máis grande que existe, con ata sesenta quilos de peso), felinos etc.

Habita á beira das augas ou mergullada en ríos e lagos, primordialmente nas cuncas do Amazonas e do Orinoco, pois ten unha grande habilidade natatoria. Animal ovovivíparo ten niñadas de 20 ou 40 exemplares que nacen en febreiro ou marzoRobert Burton International Wildlife Encyclopedia, Marshall Cavendish, 2002, páxina 44

Notas

Categoría:Serpes Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné