A Universidade de Gotemburgo é unha universidade estatal sueca, situada en Gotemburgo, fundada en 1954. Ten oito facultades e, no ano 2020, 53 500 estudantes, dos cales algo máis de 29 000 son estudantes a tempo completo, e 6 500 empregados, entre profesors e empragados da administración.Datos da Universidade.
Na Universidade impártense clases de música, arte, ciencias sociais e naturais, humanidades, ciencias da educación, formación do profesorado, informática, adninistración de empresas e, na Academia Sahlgrenska, medicina, ciencias do coidado e odontoloxía. Os estudantes teñen, con frecuencia, investigadores recoñecidos internacionalmente. No ano 2000, o profesor da Universidade Arvid Carlsson recibiu o Premio Nobel de Medicina.
A Universidade é unha das máis importantes de Suecia, e ocupa lugar 198 do mundo, dun total de preto de 20 000 institucións de educación superior, na clasificación de Times Higher Education das mellores universidades do mundo en 2018."World University Rankings 2018". Times Higher Education. 24 de xullo de 2018.
A Universidade de Gotemburgo está rexistrada ambientalmente segundo o Eco Management and Audit Scheme (EMAS), e certificada ambientalmente segundo o ISO 14001.
Foi fundada como Högskola Göteborgs (Escola Superior de Gotemburgo) en 1891. En 1907 o goberno suaco concedeulle o mesmo status que á Universidade de Uppsala e á Universidade de Lund.
O edificio principal da Universidade de Gotemburgo foi construído en Vasaparken desde 1904 a 1907, segundo planos dos arquitectos Ernst Torulf e Erik Hahr. Os edificios substituíron as antigas dependencias docentes que estaban aloxadas nun antigo edificio universitario de 1851.
O edificio principal é monumento estatal desde o 18 de marzo de 1993.The Register of Buildings, The Swedish National Heritage Board.
Notas
Gotemburgo Categoría:Gotemburgo