Juan González del Valle González de la Vega, nado na Coruña o 14 de outubro de 1898 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 26 de setembro de 1941, foi un profesor, escritor e político galego.
Traxectoria Fillo de Juan González del Valle e Elisa González de la Vega Campoamor. Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña e aprobou o curso preparatorio de Dereito na Universidade de Valladolid en 1916,La Voz de Galicia, 14-6-1916, p. 3. continuando a carreira nesa Universidade. Foi bibliotecario do Nuevo Casino coruñés (1925),El Ideal Gallego, 8-12-1925, p. 5. e bibliotecario da directiva da Universidade Popular da Coruña en 1927.El Orzán, 11-5-1927, p. 1. Colaborou nas revistas Vida, Alfar, da que chegou a desempeñar a dirección na nova etapa iniciada en xullo de 1927,El Pueblo Gallego, 20-7-1927, p. 2. e Alma, Foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega en xaneiro de 1927,El Noroeste, 16-1-1927, p. 1. e foi membro do Seminario de Estudos Galegos no que presentou o traballo "El paisaje galaico en la obra literaria de Valle Inclán" en febreiro de 1934.La Voz de Galicia, 24-2-1934, p. 2. miniatura|300px|Xuño de 1931. De esquerda a dereita: Juan González del Valle, Arturo Cuadrado e Carlos Martínez-Barbeito. Foi secretario do comité coruñés de Derecha Liberal Republicana en abril de 1931,La Voz de Galicia, 18-4-1931, p. 7. e en setembro dese ano foi nomeado fiscal suplente do Distrito do Instituto.La Voz de Galicia, 1-9-1931, p. 8. Trasladouse a Madrid onde impartiu clases no Instituto Pérez Galdós.El Siglo Futuro. 11-11-1933, p. 3. Pertenceu á Federación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT da Coruña. Despois foi profesor do Instituto Nebrija de Chamartín de la Rosa. Aprobou as oposicións a cátedras de Literatura de Ensino Medio convocadas en 1934, sendo destinado ao Instituto de Santa Cruz de la Palma en marzo de 1935,BOE, 19-3-1935, p. 2232. pero non chegou a tomar posesión. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid e integrouse no batallón FETE da milicia da Federación de Trabajadores de la Enseñanza. Formou parte das Milicias de la Cultura no Batallón Félix Barzana de FETE-UGT e despois exerceu de oficial de Carabineros en Valencia, catedrático do Instituto de Linares,La Libertad, 30-7-1937, p. 2. para finalmente ser destinado ao Instituto Maragall de Barcelona, onde colaborou nas revistas Hora de España (alí apareceu o seu o ensaio "Realismo e irrealismo de la edad de oro española") e Nova Galiza.
Coa derrota republicana pasou a Francia. Foi detido e internado no campo de prisioneiros de Angulema, desde o que foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen onde ingresou o 4 de agosto de 1940. Morreu no comando de Gusen no castelo de Hartheim o 26 de setembro de 1941. En 1942 foi separado do servizo e dado de baixa na escala pola Comisión Depuradora.BOE, 4-5-1942, p. 3164. Obra
Valentín Lamas Carvajal. Poesías (1927). Biblioteca Escollida de Autores Galegos. A Coruña: Moret.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Lista de galegos asasinados en Mauthausen
Bibliografía
Ligazóns externas Memoria honrada de Mauthausen
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores LGBT de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis