Oxygastra curtisii é unha especie de cabaliño do demo da familia Corduliidae. É a única especie do seu xénero. A especie mide uns 53 milímetros de longo. Ten ollos verdes brillantes e un corpo verde broncíneo con manchas amarelas ao longo da parte superior do abdome. O último segmento do abdome (S10) ten unha mancha amarela na parte superior.
A especie está presente na maioría de Europa, mais está localmente extinto nos Países Baixos e no Reino Unido. O seu hábitat son as correntes de auga, as piscinas e os estanques.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas
Categoría:Animais descritos en 1834 Categoría:Insectos de Galicia Categoría:Insectos de Europa