Kellie Anne Harrington, nada en Dublín o 11 de decembro de 1989,Kellie Harrington Irish Athletic Boxing Association profile, consultado o 10 de novembro de 2018 é unha boxeadora irlandesa, dobre medallista olímpica de ouro nos Xogos Olímpicos de 2020 e 2024.

Foi medallista de prata no Campionato Mundial Feminino de Boxeo de 2016, na categoría de peso welter. Gañou a medalla de ouro no Campionato Mundial Feminino de Boxeo de 2018 na categoría de peso lixeiro. Conseguiu a medalla de ouro na división de peso lixeiro dos Xogos de Toquio 2020 o 8 de agosto de 2021.

Vida persoal Harrington é da zona norte de Dublín e é membro do Club de Boxeo St. Mary, en Tallaght. Declarou que tiña intención de volver ao seu traballo de limpeza a tempo parcial no hospital psiquiátrico de St Vincent en Dublín, independentemente do seu resultado nos Xogos Olímpicos.

Harrington mantén unha longa relación con Mandy Loughlin despois de coñecela a través do boxeo.https://www.irishmirror.ie/sport/other-sport/boxing/inside-kellie-harringtons-relationship-partner-24685023 Isto converteu a Harrington nunha dos 180 deportistas abertamente homosexuais dos Xogos de 2020.

Notas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Irlanda Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas olímpicos en boxeo Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Boxeadores olímpicos de Irlanda Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024