miniatura|260px|Exterior do aeroporto O Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao, en inglés Bohol–Panglao International Airport; en cebuano Tugpahanang Pangkalibutanon sa Bohol–Panglao; en tagalo Paliparang Pandaigdig ng Bohol–Panglao, código IATA TAG, código ICAO RPSP,TAWS Airport Database comparison . e tamén coñecido como Novo Aeroporto Internacional de Bohol (New Bohol International Airport), é un aeroporto internacional da illa de Panglao, na provincia de Bohol, Filipinas.

Substituíu o aeroporto de Tagbilaran para atender o aumento do tráfico de pasaxeiros de Bohol, debido ao turismo.

Este aeroporto é alcumado como o primeiro aeroporto ecolóxico de Filipinas e a porta verde do país.

O aeroporto está clasificado oficialmente como aeroporto internacional pola Autoridade de Aviación Civil de Filipinas.

O aeroporto serve como porta de entrada a Tagbilaran e ao resto do Bohol continental para os viaxeiros aéreos domésticos. Tamén está a menos dunha hora de voo do aeroporto internacional de Mactan–Cebu, que é unha porta de entrada ao centro de Filipinas para turistas internacionais.

Este aeroporto inaugurouse o 27 de novembro de 2018.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Panglao, Bohol Illa de Panglao

Ligazóns externas External links Web Oficial New Bohol Airport Profile at Public-Private Partnership Center

Categoría:Aeroportos de Filipinas