O parlamento é a asemblea dos representantes electos polos cidadáns nos réximes democráticos. É o órgano constitucional dun estado que ten atribuída a misión principal de expresar a vontade deste, elaborando e aprobando normas xurídicas de carácter xeral e intervindo na integración e funcionamento doutras Institucións do estado.

Nalgúns países, o parlamento está formado por dúas asembleas separadas, por veces chamadas cámaras do parlamento, que poden resultar de eleccións ou nomeacións separadas e poden ter poderes diferenciados e varias designacións de acordo coa Constitución de cada país: A cámara alta, cámara superior ou senado. No Reino Unido, é oficialmente chamada Cámara dos Lords. A cámara baixa, cámara inferior, cámara dos comúns ou cámara federal.

En moitos países, o parlamento é denominado congreso, como o Congreso dos Estados Unidos de América, e noutros asemblea nacional ou asemblea do pobo, como na República Popular da China.

Véxase tamén Outros artigos Parlamento de Galicia

Categoría:Política