Ambiórix (en galo "rei da contorna" ou "rei-protector") era, xunto con Cativolcus, príncipe dos eburóns, dirixente dunha tribo belga do nordeste da Galia (Gallia Belgica), onde se atopa a actual Bélxica. No século XIX, Ambiórix converteuse en heroe nacional belga debido á súa resistencia contra Xulio César, segundo o escrito polo propio César en Commentarii de Bello Gallico.
Nome Está polo xeral aceptado que Ambiórix é un nome propio galo formado polo prefixo ambio- xunto con rix ('rei'), mais o significado do primeiro elemento é fonte de debate.; ; ; ; . Algúns estudosos traducen Ambiórix como 'rei da contorna' ou 'rei do recinto', interpretando ambio- como unha forma tematizada de ambi- ('arredor, a ámbolos lados') que quere dicir 'arredores' ou 'recinto' (cf. irlandés antigo imbe 'recinto'). Outra teoría, proposta por Fredick O. Lindeman traduce Ambiórix como o 'rei-protector', derivando ambio- do protoindoeuropeo *h₂mbhí-péh₃ ('protector'; cf. índico antigo adhi-pá- 'protector, gobernador, mastre, rei').
Notas
Véxase tamén Bibliography
Categoría:Galia