dereita|miniatura|Bandeira de Cornualla. miniatura|Porcentaxe de persoas que afirmaron ter unha identidade "córnica" na pregunta de identidade nacional no censo de 2011. O nacionalismo córnico é un movemento cultural, político e social que busca o recoñecemento de Cornualla como unha nación distinta de Inglaterra. O movemento nacionalista córnico baséase en que Cornualla ten unha identidade cultural celta diferente da identidade de Inglaterra, e que o pobo córnico ten unha identidade nacional, cívica e étnica separada do pobo inglés. Segundo esta corrente ideolóxica, Cornualla debería ter garantido un grao de autonomía e ser representada na forma dunha Asemblea Nacional Córnica; Ademais, os nacionalistas alegan que Cornualla é legalmente un ducado con dereito a veto na lexislación de Westminster, e non un simple condado de Inglaterra, que ademais nunca foi formalmente incorporado a Inglaterra a través dunha Acta de Unión, coma no caso galés, escocés e norteirlandés..

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Angarrack, J. Our Future Is History. Independent Academic Press. 2002. . Deacon, B., Cole, D. & Tregidga, G. Mebyon Kernow and Cornish Nationalism. Welsh Academic Press. 2003. .

Categoría:Nacionalismo córnico Categoría:Nacionalismo celta