Bek David Campbell, nado nos Ánxeles (California) o 8 de xullo de 1970, é un músico, compositor, cantante, multiinstrumentista e produtor musical estadounidense, máis coñecido como Beck Hansen. Fíxose famoso a principios dos anos 90 co seu estilo experimental e lo-fi, dándose a coñecer por crear colleges musicias de xéneros moi variados. Musicalmente abarcou folk, funk, soul, hip hop, electrónica, rock alternativo, country, e psicodelia. Beck publicou 14 álbums de estudio (tres deles a través de selos independentes), ademais de varios sinxelos non aparecidos en discos e un libro de partituras.
Beck medrou nos Ánxeles facendo hip-hop e folk na súa adolescencia e comezou a actual a nivel local en cafeterías e clubs. Mudouse a Nova York en 1989 e involucrouse no movemento anti-folk da cidade. Regresou aos Ánxeles a principios dos 90 e gravou o seu sinxelo "Loser", que se converteu nun éxito en todo o mundo en 1994, e publicou o seu primeiro gran álbum, Mellow Gold, ese mesmo ano. Odelay, editado en 1996, encabezou as enquisas dos críticos e gañou varios premios. En 1998 publicou Mutations, influenciado polo country, e en 1999 o influenciado polo funk Midnite Vultures. O acústico Sea Change de 2002 amosaba un Beck máis serio, e o de 2005 Guero regresaba á produción baseada en samplers de Odelay. The Information de 2006 estaba inspirado no electro-funk, hip hop, e psicodelia; Modern Guilt de 2008 inspirábase na música pop dos 60; e o influenciado polo folk Morning Phase de 2014 gañou o Grammy ao álbum do ano. O seu álbum de 2017, Colors, gañou os premios Grammy de mellor álbum alternativo e ao mellor álbum gravado. O seu décimo cuarto álbum de estudio, Hyperspace, foi editado o 22 de novembro de 2019.
Co seu collage pop de estilos musicais, irónicas letras e posmodernos arranxos usando samples, caixas de ritmos e efectos de sons, Beck foi aclamado pola crítica e polo público ao longo de toda a súa carreira e é considerado un dos músicos máis peculiares do rock alternativo dos anos 90 e 2000. Dous dos discos máis populares e aclamados de Beck son Odelay (1996) e Sea Change (2002). Odelay foi nomeado Álbum do Ano pola revista estadounidense Rolling Stone e pola británicas NME e Mojo. Odelay tamén foi nomeada ao premio Grammy ao Álbum do Ano. Os dous álbum aparecen na lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos da Rolling Stone. Beck tamén colaborou con distintos artistas e fixo contribucións a varias bandas sonoras.
Traxectoria Beck é fillo do director, compositor e arranxador canadense David Campbell, e da artista visual e antifa "estrela" de Andy Warhol, Bibbe Hansen.George-Warren, Holly and Romanowski, Patricia. (2001). The Rolling Stone Encyclopedia of Rock & Roll. New York: Fireside, 1136 pp. A súa avoa materna era xudía, mentres que o seu pai, o artista Al Hansen, era noruegués e pioneiro do movemento artístico de vangarda Fluxus. O avó paterno de Beck era un ministro presbiteriano, mentres que por parte de nai a súa avoa era xudía; a súa nai tamén era de ascendencia norueguesa e sueca. Cando os seus pais se separaron cando tiña 10 anos,Cavanagh, David (xullo de 1997). "The Devil Inside". Q. London: Bauer Media Group. pp. 92-99. Beck estivo coa súa nai e o seu irmán nos Ánxeles, onde foi influenciado pola diversidade musical da cidade.
Primeiras actuación e edicións miniatura|Beck nun concerto secreto en 2005 Despois de deixar o instituto a mediados dos anos 80, Beck viaxou por Europa e desenvolveu o seu talento como músico da rúa. En Alemaña pasou un tempo co seu avó Al Hansen. A finais da década chegou a Nova York, onde se relacionou co movemento anti-folk, influenciado polo polo punk.
No ano 1988 Beck gravou un casete titulado Banjo Story, que dende entón está dispoñible como bootleg. Regresou aos Ánxeles co cambio da década e viviu nun pendello traballando en empregos pouco cualificados mentres seguía desenvolvendo o seu estilo musical. Beck tamén tocou en varios locais dos Ánxeles, dende clubs de punk ata cafeterías, e incluso nas rúas. Durante ese tempo coñeceu a Chris Ballew, fundador de The Presidents of the United States of America, e ámbolos dous actuaron na rúa como dúo durante un tempo. Algunhas das súas primeiras gravacións conseguíunas traballando con Tom Grimley nos Poop Alley Studios, unha parte de WIN Records.
En 1993 Beck editou o seu primeiro álbum de estudio, Golden Feelings, a través do selo de Peter Hughes Sonic Enemy. Inicialmente foi lanzado só en casete (aínda que máis parte apareceu unha edición limitada en CD). Estímase que só se fabricaron entre 500 e 700 copias, sendo un traballo moi difícil de conseguir. AllMusic.com describiría posteriormente ao álbum como "un extremadamente interesante, entretido, e humorístico documento que demostra que dende un principio, o truco de Beck baseábase na experimentación".
Álbums independentes En 1993 Beck asinou un contrato con Bong Load Custom Records (propiedade deTom Rothrock, Rob Schnapf e Bradshaw Lambert). A súa primeira edición para a discográfica foi "Loser", unha colaboración entre o produtor de hip hop Carl Stephenson e Beck. A canción foi toda unha sensación cando o presentador de radio Chris Douridas púxoa en Morning Becomes Eclectic, o principal programa musical da radio universitaria de Santa Monica (California), KCRW. Esta exposición na radio e a posterior actuación ao vivo o 23 de xullo de 1993, levou a unha guerra entre selos para asinar con Beck. Finalmente, o artista elixiu Geffen Records, que lle daba permiso para a edición de dous álbums independentes mentres durase o contrato. De todas as discográficas que lle ofreceron a Beck asinar con el, Geffen foi a que menos cartos lle daba, pero a que lle deixaba maior liberdade creativa.
O 22 de febreiro de 1994 Flipside Records editou Stereopathetic Soulmanure. Era un disco extenso con 25 temas, que contiña os favoritos dos seareiros "Satan Gave Me a Taco", "Rowboat" e "Thunderpeel", así como pistas faladas sen sentido, ruído e gravacións ao vivo. Johnny Cash gravaría posteriormente "Rowboat" e incluiríaa no seu álbum de 1996 Unchained. Cash diría que a canción "soaba como algo que podería ter escrito ou feito nos 60, cando estaba pasando por unha época estraña".
En marzo de 1994, Geffen editou a estrea de Beck cun grande selo, Mellow Gold. O álbum converteu a Beck nun éxito entre o grande público, recibindo as mellores puntuacións posibles nas revistas Spin e Rolling Stone e en AllMusic.
O 27 de xuño, o selo de Olympia K Records editou o álbum One Foot in the Grave, o terceiro disco de Beck en 1994. O traballo contaba cun bo número de destacados músicos da escena independente como Calvin Johnson de Beat Happening, Chris Ballew de The Presidents of the United States of America ou os membros de Built to Spill Scott Plouf e James Bertram.
Beck comezou nese ano unha xira por todo o mundo, facendo unha aparición no escenario principal do festival Lollapalooza de 1995.
Odelay Beck, que se sentía como se estivese "constantemente tratando de demostrar a súa valía",Kemp, Mark (17 de abril de 1997). "Beck: The Rolling Stone Interview". Rolling Stone. No. 758. Nova York: Wenner Media LLC. pp. 58-64, 94, 97. ISSN 0035-791X sufriu unha reacción violenta, e os escépticos denunciárono como un impostor autoindulxente e a última oportunidade da mercadotecnia.Lewman, Mark (8 de abril de 1994). ""Loser" Takes All". Entertainment Weekly. No. 217. New York City: Time Inc. p. 14. ISSN 1049-0434 No verán de 1994, Beck estaba pasando un momento difícil e moitos dos seus compañeiros músicos pensaron que perdera o rumbo. Ao incrible éxito do vídeo musical de "Loser" e da xira mundial, Beck reaccionou crendo que a atención non podería durar, o que resultou nun status de "one-hit wonder". Nalgúns concertos o público foi agasallado con vinte minutos de reggae ou Miles Davis ou iteracións de jazz-punk de "Loser". Nun festival en California rodeouse dun combo artnoise. O batería prendeu lume aos seus pratos; o guitarrista principal "tocou" a súa guitarra coas cordas contra o corpo; e Beck cambiou a letra de "Loser" para que ninguén puidese cantar. "Non podo dicirche cantas veces estaba mirando caras que me miraban con total perplexidade, ou simplemente sinalando e sacudindo a cabeza e rindo, mentres actuaba durante ese período", recordou posteriormente. A pesar diso, Beck gañou o respecto dos seus compañeiros, como Tom Petty e Johnny Cash, e creou toda unha onda de bandas decididas a recuperar o son Mellow Gold.Brown, Mark (9 de outubro de 1996). "Beck Lives Through the Hype That Would Have Killed Most Losers". The Orange County Register. Santa Ana: Freedom Communications. ISSN 0886-4934 Sentindo que os seus lanzamentos anteriores eran só coleccións de demos gravadas ao longo de varios anos, Beck desexaba entrar no estudo e gravar un álbum de forma lineal continua, o que se converteu en Odelay.
Beck mesturou country, blues, rap, jazz e rock en Odelay, froito dun ano e medio de febril “cortar, pegar, estratificar, dobrar e, por suposto, mostraxe”.Dunn, Jancee (11 de xullo de 1996). "Beck: Resident Alien". Rolling Stone. No. 738/739. New York City: Wenner Media LLC. pp. 50–51, 53. ISSN 0035-791X Cada día os músicos comezaban dende cero,Healy, Mark (9 de decembro de 1999). "Beck: Notes on a Full-Grown Man". Rolling Stone. No. 827. New York City: Wenner Media LLC. pp. 38-40. ISSN 0035-791X traballando moitas veces en cancións durante 16 horas seguidas. A concepción de Odelay reside nun álbum de estudio inacabado no que Beck se embarcou despois do éxito de "Loser", facendo unha crónica do momento difícil que viviu: "Houbo un ciclo de todos morrendo ao meu redor", recordou máis tarde. Estaba constantemente gravando e, finalmente, montou un álbum de melodías populares sombrías e orquestradas; un que, quizais, "podería ser un éxito comercial xunto con traballos de temática semellante de Smashing Pumpkins, Nine Inch Nails e Nirvana". En vez diso, Beck sacou unha canción del, "Ramshackle" (a que que pecha Odelay), e arquivou o resto (aínda que "Brother" e "Feather In Your Cap" lanzáronse despois como caras b). Beck foi presentado aos Dust Brothers, produtores do álbum de Beastie Boys Paul's Boutique, cuxa produción baseada en cortar e pegar e con moitos samplers adaptábase á visión de Beck dun álbum máis divertido e accesible. Despois de que un executivo discográfico explicase que Odelay sería un "enorme erro", pasou moitos meses pensando "que o arruinara para sempre".
Odelay publicouse i 18 de xuño de 1996, foi un grande éxito comercial e foi aclamado pola crítica. O disco conseguiu varios sinxelos exitosos, como "Where It's At", "Devils Haircut", e "The New Pollution", e foi nomeado ao premio Grammy a Álbum do Ano en 1997, gañando o Grammy a Mellor Álbum de Música Alternativa e tamén a Mellor Interpretación Vocal Masculina de Rock por "Where It's At". Durante unha atareada semana en xaneiro de 1997, conseguiu as súas nomeacións aos Grammy, apareceu nos programas Saturday Night Live e Howard Stern, e fixo unha aparición de última hora en The Rosie O'Donnell Show. O entusiasmo combinado deulle a Odelay unhas segundas ás, o que lle permitiu conseguir unha base de seguidores máis ampla e unha maior exposición.Browne, David (14 de febreiro de 1997). "Beck in the High Life". Entertainment Weekly. No. 366. New York City: Time Inc. pp. 32–35. ISSN 1049-0434 Beck gozou do éxito de Odelay, pero, ao igual que varios executivos de Geffen, estaba desconcertado por el. Moitas veces era recoñecido en público, o que o facía sentir estraño. "É simplemente raro. Non me parece ben. Non me parece natural. Non creo que estivera feito para iso. Nunca fun bo niso", dixo máis tarde a Pitchfork. Odelay vendeu dous millóns de copias e puxo fin ás críticas que o acusaban de ser un "one-hit wonder". Durante este tempo, contribuíu coa canción "Deadweight" á banda sonora da película A Life Less Ordinary (1997).