Maria Alexandre Dáskalos, nada no Huambo en 1957 e finada en Luanda o 20 de marzo de 2021, foi unha escritora e poeta angolana.

Xunto con Ana Paula Tavares, Amélia da Lomba e Lisa Castel, formou parte do grupo de escritoras da «Xeración das Incertezas» (Geração das Incertezas), escritoras que normalmente mostran angustia e melancolía nas súas obras, expresando a súa decepción polas condicións políticas e sociais do país. Esta xeración, que tamén incluía a João Maimona, José Eduardo Agualusa, Lopito Feijoó e João de Melo, representa o movemento poético angolano dos anos oitenta. Foi tamén contemporánea da poeta Ana de Santana. Santana, Dáskalos e Tavares son coñecidas por "explorar cuestións relacionadas co desexo erótico e a heterosexualidade".

Xunto con Elena Brugioni e Arlindo Barbeitos, publicou Antologia da Poesia Africana de Língua Portuguesa, Il colore rosso della Jacaranda e Angola e Mozambico. Scritture dellaguerra e della memoria.

Era filla do poeta e nacionalista angolano Alexandre Dáskalos, e esposa do poeta Arlindo Barbeitos. Faleceu en Luanda o 20 de marzo de 2021, só 11 días antes de que o fixese o seu marido.

Obra

O Jardim das Delícias, 1991, Luanda. Ler e Escrever Do Tempo Suspenso, 1998, Lisboa, Editorial Caminho. Antologia da Poesia Africana de Língua Portuguesa, en coautoría con Elena Brugioni e Arlindo Barbeitos. Il colore rosso della Jacaranda, en coautoría con Elena Brugioni e Arlindo Barbeitos. Angola e Mozambico. Scritture dellaguerra e della memoria, en coautoría con Elena Brugioni e Arlindo Barbeitos. Lágrimas e laranjas, 2001, Luanda, Editorial Nzila. A política de Norton de Matos para Angola, 2008, Edições Minerva Coimbra.

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados na provincia de Huambo Categoría:Finados en 2021 Categoría:Escritores de Angola Categoría:Poetas en lingua portuguesa