Eu, Daniel Blake (en ) é un filme británico-francés de 2016 dirixido por Ken Loach e escrito por Paul Laverty. Está protagonizado por Dave Johns no papel de Daniel Blake, a quen se lle nega o subsidio de emprego e manutención malia que o seu médico no o recoñeceu como apto para traballar. Hayley Squires interpreta a Katie, unha loitadora nai solteira de quen Daniel se fai amigo.

Gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016, o premio do público no Festival Internacional de Cinema de Locarno,- e o BAFTA de 2017 ao mellor filme británico.

Estreouse en galego o 6 de setembro de 2021 a través da TVG.

Sinopse O viúvo Daniel Blake, un carpinteiro de 59 anos de Newcastle, sofre un ataque cardíaco. Aínda que o seu cardiólogo non lle permitiu volver ao traballo, Daniel considérase apto para facelo despois dunha avaliación da capacidade de traballo trala que lle denegaron o subsidio de desemprego. Frústralle saber que o seu médico non foi contactado sobre a decisión e solicita unha apelación, un proceso que lle resulta difícil porque debe completar os formularios en liña e é un analfabeto dixital.

Daniel faise amigo da nai solteira Katie despois de que esta fose sancionada por chegar tarde a unha cita no centro de traballo. Katie e os seus fillos acaban de mudarse a Newcastle desde un refuxio para persoas sen fogar de Londres, xa que non hai aloxamento a prezos accesibles en Londres.

Personaxes Dave Johns como Daniel Blake Hayley Squires como Katie Morgan Briana Shann como Daisy Morgan Dylan McKiernan como Dylan Morgan Kate Rutter como Ann Sharon Percy como Sheila Kema Sikazwe como China Steven Richens como Piper Gavin Webster como Joe Mick Laffey como asesor de prestacións asistenciais

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de IFC Films Categoría:Filmes dirixidos por Ken Loach Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes de BBC Films Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego