Spesmilo260x260pxEscudo rodeado polo valor. Lenda: JUBILEO DE ESPERANTO / 1887 - 1912Busto de Zamenhof cara á esquerda. Lenda: D.RO L.L. ZAMENHOF

* AUTORO DE ESPERANTO *. Valor: 1 spesmilo (1.000 speso) Gravador: Holy Frères. Data: 1912. Emisor: Asociación Universal de Esperanto. Ceca: Holy Frères. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Diámetro: 30 mm. Grosor: 2,00 mm. Peso: 12,6 g. Canto: estriado.

O spesmilo (palabra do esperanto; plural spesmiloj) foi unha unidade monetaria internacional de carácter decimal, proposta para ser introducida en 1907 polo matemático e esperantólogo suízo René de Saussure.

Valor e uso O spesmilo equivalía a 1.000 speso (a unidade base) e o seu valor fixouse en 0,733 gramos de ouro puro, o que naquela época supuña aproximadamente medio dólar estadounidense, dous xilins británicos, un rublo ruso ou 2'5 francos suízos.Klag, W. (2017).

Esta moeda utilizouse como unidade de conta con anterioridade á primeira guerra mundial por varios bancos británicos e suízos, sinaladamente o Ĉekbanko Esperantista ou Esperantist Check Bank, de Londres. Este banco, fundado en 1907 polo alemán Herbert Höwler e extinguido en 1918, mantivo contas en spesmiloj en 320 cidades e 43 países, e emitiu cheques en spesoj e os seus múltiplos, co lema Unu mondo, unu lingvo, unu mono ("Uun mundo, un idioma, unha moeda ")."La Ceko Estas en Posto". Numismatic Notebook. 1 de marzo de 2019.

En 1912 cuñouse unha proba de moeda de prata con valor facial de 1 spesmilo. Esta cuñaxe serviu para conmemorar o 25º aniversario da creación da lingua esperanto por L. L. Zamenhof; foi promovida pola Asociación Universal de Esperanto e da súa produción encargouse a compañía suíza Holy Frères."1 Spesmilo". Numista.com

Realizáronse tamén deseños para a emisión de moedas cos valores de 10 spesoj (ou spesdeko), 100 spesoj (ou spescento), 2.000 spesoj (ou 2 spesmiloj) e 10.000 spesoj (ou spesdekmilo), aínda que estas non se chegaron a producir.Schiboleth, C. D. (2005).

O spesmilo foi o antecesor dunha moeda posterior, utilizada entre 1942 e 1993 pola Liga Universal, denominada stelo. miniatura|87x87px|Símbolo do spesmilo

Símbolo O símbolo do spesmilo era un monograma composto coas letras Sm.Everson, M. (2006). "Proposal to encode the Esperanto SPESMILO SIGN in the UCS ". International Organization for Standardization. Este carácter está en Unicode desde a versión 5.2, onde se lle asignou o código U + 20B7."Currency Symbols. Range: 20A0–20CF". Unicode.org

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Klag, W. (2017). "Esperanto-Mono". En Esperanto. Universala Esperanto-Asocio. Nº 1.312. Abril. Páxinas 92-93. ISSN 0014-0635 Schiboleth, C. D. (2005). "Esperanto and the Dream of a World Currency: The Coinage of the Universala Ligo (1942-1993)". En Australasian Coin & Banknote Magazine.

Outros artigos Asociación Universal de Esperanto Moeda global

Categoría:Moedas ficticias Categoría:Moedas alternativas Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Esperanto