O Club Baloncesto Collado Villalba é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Collado Villalba, Madrid. Durante a temporada 1990−91 o club fusionouse co Atlético de Madrid e pasando a ser sección de baloncesto deste equipo co nome de Club Baloncesto Atlético Madrid-Villalba. Despois da desaparición do equipo outros clubs tentaron ocupar o seu lugar, como o Villablanca e Basket Villalba 98, os cales se fusionaron en 2011 para formar a Unión Baloncesto Villalba.

Historia O Club Baloncesto Collado Villalba foi fundado no ano 1922. Durante toda a súa historia tivo diversas denominacións por motivos de patrocinio. Durante os primeiros anos da existencia da ACB, o equipo da serra de Madrid tivo patrocinadores bancarios. Primeiro foi coñecido como Bancobao Villalba, sendo despois o banco vasco BBV o que patrocinaría ao equipo. Na temporada 1990−91 desembarca no equipo Jesús Gil y Gil, convertendo ao equipo nunha sección do Atlético de Madrid.

O equipo estaba dirixido por Clifford Luyk, mais despois da destitución deste, chegou ao banco Tim Shea. En canto aos xogadores, destacaba o par de estadounidense formado por Walter Berry e Shelton Jones, aos cales se unían nacionais solventes como Javier García Coll, Javier Gorroño e Carlos Gil. O equipo chegou a xogar play off e clasificarse para competición europea. Con todo, a aventura baloncestistica en ACB de Gil sería efémera e ao ano seguinte deixaría o patrocinio do equipo. Na temporada 1991−92, sen patrocinador e cun equipo formado tamén por unha gran parte de norteamericanos, Mark Landsberger e Henry Turner, o equipo elude o descenso no playoff pola permanencia. Porén, a delicada situación económica fai que o club venda a súa praza en ACB e desapareza do baloncesto de elite. En total chegou a disputar 226 partidos na liga ACB, con 93 vitorias e 133 derrotas.

Patrocinios Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Bancobao Villalba (1987−1988) BBV Villalba (1988−1990) Atlético de Madrid-Villalba (1990−1991)

Xogadores Destacados

Juan Carlos Barros David Brabender Mikel Cuadra Javier García Coll Carlos Gil Javier Gorroño Juan Ramón Marrero Juan Antonio Orenga Quique Ruiz Paz Jeff Allen Walter Berry Winfred King Shelton Jones Mark Landsberger Ben McDonald Leonard Mitchell Tod Murphy Mike Schlegel Henry Turner Rory White

Historial O seguinte é o historial do club na máxima categoría. AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1983–84 21ª Div. B3º 17–9 1984–85 1ACB16º 4–26 1985–86 21ª Div. B 8º 12–16 1986–87 21ª Div. B2º 21–13 1987–88 1ACB 13º 10–22 Copa Príncipe 1988–89 1ACB 12º 27–14Oitavos de final1989–90 1ACB 11º 19–21Primeira rolda1990–91 1ACB 8º 19–19Primeira rolda1991–92 1ACB 22º 11–28Terceira rolda3 Copa Korać 2–21992–93 21ª Div. 23º 18–18

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do UB Villalba, sucesor do CB Collado Villalba

Categoría:Equipos desaparecidos da ACB Collado Villalba