A praia de Binigaus está situada na illa de Menorca e concretamente no sur do concello de Es Migjorn Gran.

Descrición Esta praia está situada a catro quilómetros de Es Migjorn Gran. Atópase entre as Puntas de Rabiosa e Rodona, preto da urbanización de Sant Tomàs. Esta praia forma parte do ANEI que vai de cala Galdana a Binigaus. Para acceder a ela hai que camiñar dende a praia de Sant Adeodat polo Camí de Cavalls.

Trátase dunha praia de area branca, situada ao final do barranco do mesmo nome, dende onde podemos acceder á cova des Coloms.

Véxase tamén

Ligazóns externas Praias de Baleares

Binigaus