Sara Borrell Ruiz, nada en Madrid en 1917 e finada na mesma cidade en 1999, foi unha farmacéutica e bioquímica española destacada polos seus traballos pioneiros sobre análises e metabolismo de hormonas esteroides.
Traxectoria Tanto a avoa, Clementina Albèniz, que foi mestra da Asociación para la Enseñanza de la mujer, como o resto da familia, apoiaron os desexos de estudar de Sara. A súa familia era liberal e estivo comprometida en temas sociais. O seu pai, membro de Izquierda Republicana, estivo encarcerado ao acabar a Guerra Civil.Santesmases (2017)
Sara quixo estudar enxeñaría agrónoma pero ao non ser admitida decidiuse polos estudos de farmacia na Universidade de Madrid en 1933. Licenciouse en 1940 e obtivo o doutoramento en 1944, cunha tese sobre as augas do río Tajo.
Traballou como profesora de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), onde realizou estudos sobre as proteínas do leite, traballos que lle levaron a investigar no Hanna Dairy Research Institute de Escocia, con Norman C. Wright.
En 1950 Gregorio Marañón animouna a investigar no entón recentemente creado Instituto de Endocrinoloxía Experimental, ofrecéndolle a posibilidade de complementar os seus estudos sobre bioquímica e metabolismo das hormonas no estranxeiro.
En 1963, por mor da morte de Gregorio Marañón, creouse o Instituto Gregorio Marañón e Sara encargouse da Sección de Esteroides. Neste mesmo ano creouse a Sociedade Española de Bioquímica da cal Sara foi socia fundadora. Xa en 1983 ao inaugurarse o Instituto Cajal do CISC entrou a traballar alí, onde permaneceu até a súa xubilación en 1989.
Cunha bolsa do CSIC, traballou en Cambridge nun proxecto sobre as reaccións relacionadas co escurecemento do leite, do que non se coñecía o fundamento químico que podería contribuír a evitalo. Os resultados publicáronse na revista británica Nature en 1952.
Contribucións Sara introduciu en España os coñecementos e as técnicas que adquiriu ao longo das súas estancias no estranxeiro entre 1946 e 1961. Unha delas, por exemplo, en Massachusetts con G. Pincus, o inventor da pílula anticonceptiva, na Worcester Foundation for Experimental Biology e outra na Unidade de Investigación de Endocrinoloxía Clínica en Edimburgo. Pincus recomendouna para participar nas probas sobre a eficacia da pílula anticonceptiva en Porto Rico pero non quixo afastarse da súa familia.
Os seus traballos publicáronse en revistas científicas con difusión internacional. A maioría das súas investigacións pódense atopar no Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism, o Biochemical Journal, o Journal of Endocrinology e en Hormone Research.
Recoñecementos O Instituto de Saúde Carlos III deu o seu nome a un programa de axudas para contratos posdoutorais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676 Santesmases , María Jesús (2017). "Género, afición y mérito: una biografía de Sara Borrell Ruiz". Arenal: Revista de historia de mujeres 24 (2): 287–318. ISSN 1134-6396.
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Científicos de España Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1999