Tomás Pérez do Porto, coñecido como Asorey, nado en Caraña de Arriba (Tiobre, Betanzos) o 27 de febreiro de 1915 e finado en Betanzos o 30 de decembro de 2000, foi un político galego.

Traxectoria Familiar de Ramón Beade Méndez. Dependente de comercio. En 1931 participou na creación da Asociación de Empleados de Comercio da UGT de Betanzos. Afiliado á Agrupación Socialista de Betanzos desde outubro de 1934, en maio de 1936 foi elixido secretario xeral da Agrupación. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba facendo o servizo militar destinado no cuartel da Mariña en Ferrol e pasou case toda a guerra embarcado.

En 1941 estableceu a ferretería El Martillo na Praza do Campo de Betanzos. Militou na organización socialista clandestina de Betanzos que dirixía desde o seu agocho Ramón Beade e formou parte do Comité Pro-presos creado pola organización o 8 de setembro de 1945 para recoller axuda económica para os compañeiros presos e as súas familias, xunto con Ricardo Lagares e os irmáns Germán e Manuel Castro Naveira. A organización foi desarticulada pola policía o 10 de maio de 1946, e os seus compoñentes foron detidos e torturados. Tomás eludiu a detención permaneciendo agochado ata que se entreou en xaneiro de 1947 ante o acoso da policía e a gardia civil á súa familia. Xulgado o 27 de febreiro dese ano, a súa causa foi sobresida, coa obriga de presentarse todos os luns no cuartel da Garda Civil de Betanzos. Seguiu desenvolvendo unha actividade clandestina, aínda que mínima, de contacto e reunións, porén participou nas reivindicacións sociais como na creación da Comisión Pro-Cierre Dominical de Betanzos en 1964.

Foi un dos reorganizadores da Agrupación Socialista de Betanzos en 1976, sendo elixido secretario xeral ata 1979, que abandonou o cargo. Encabezou a candidatura do PSOE de Betanzos nas primeiras eleccións democráticas e foi elixido concelleiro, pero dimitiu sen chegar a tomar posesión.La Voz de Galicia, 11-4-1979, p. 30. Finou en Betanzos o 30 de decembro de 2000.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 31-12-2000, p. 57.

Vida persoal Casou con María Aurora Gómez Medín e foi pai de Tomás e Carlos Pérez Gómez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tomás Pérez do Porto, del P.S.O.E.

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2000