Joni Nyman, nado en Pori o 5 de setembro de 1962, é un ex-boxeador finlandés, medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de 1984. Tamén competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl, onde caeu derrotado en cuartos de final.

Traxectoria Participou nos Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles, na categoría do peso wélter, derrotando sucesivamente ao camerunés Georges-Claude Ngangue, ao irlandés Kieran Joyce e ao xamaicano Dwight Frazer, ata que caeu derrotado en semifinais contra o surcoreano An Young-su, regresando a Finlandia coa medalla de bronce. Catro anos despois, nos Xogos Olímpicos de Seúl, eliminou ao galego-canadense Manny Sobral, ao sueco Sören Antman e ao zambiano Dimus Chisala, e foi derrotado nos cuartos de final contra o estadounidense Kenneth Gould.

Posteriormente tivo unha carreira como boxeador profesional, obtendo 15 vitorias e seis derrotas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do boxeador no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional . Datos do boxeador en olympedia.org .

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Pori Categoría:Boxeadores olímpicos de Finlandia Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Medallistas olímpicos en boxeo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Finlandia Categoría:Boxeadores de peso wélter