Mad Season foi un supergrupo de rock alternativo que xurdiu como un proxecto paralelo levado a cabo por algunhas figuras importantes da escena grunge de Seattle en 1994. Inicialmente, estivo formada polo guitarrista Mike McCready de Pearl Jam, o vocalista Layne Staley de Alice in Chains, o batería Martin Barret de Screaming Trees e o baixista John Baker Saunders.

Mad Season publicou un único álbum, Above (1995), e é coñecida polo seu sinxelo "River of Deceit". A banda pasou a estar en hiato semi-permanente en 1996 debido a conflitos de calendario dos membros e aos problemas coas drogas de Layne Staley. A finais dos 90 intentou resucitarse o grupo sen Staley, pero finalmente disolveríase tras a morte do baixista John Baker Saunders en 1999. Layne Staley morrería tres anos máis tarde dunha sobredose.

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grunge Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais formados en 1994 Categoría:Grupos musicais separados en 1999 Categoría:Artistas de Columbia Records Categoría:Supergrupos