O conto de "Beren e Lúthien", presente en varias obras de J. R. R. Tolkien, é a historia do amor e aventuras do home mortal Beren e a inmortal dama elfa Lúthien. Tolkien escribiu varias versións da historia, a última recollida no Silmarillion, e o conto tamén é mencionado no Señor dos Aneis. A historia ten lugar durante a Primeira Idade da Terra Media, uns 6 500 anos antes dos eventos do Señor dos Aneis.

Beren, fillo de Barahir, cortou un silmaril da coroa de Morgoth como dote para Lúthien, filla do rei elfo Thingol e Melian a maia. Foi asasinado por Carcharoth, o lobo de Angband, mais Beren foi o único dos homes mortais que regresou de entre os mortos. Viviu entón con Lúthien en Tol Galen, Ossiriand, e loitou contra os ananos en Sarn Athrad. Era o bisavó de Elrond e Elros, e polo tanto, devanceiro dos reis numenorianos. Despois do cumprimento da busca do silmaril e da morte de Beren, Lúthien escolleu ser mortal e compartir o destino de Beren.J. R. R. Tolkien (Christopher Tolkien, ed.), The Silmarillion, Harper Collins, Londres, 1999.

Tolkien baseou varias ideas do conto a partir do seu amor pola súa esposa (Edith) e despois da súa morte gravou "Lúthien" na súa lápida e máis tarde "Beren" foi gravado na súa propia.

Libro autónomo A historia foi publicada postumamente en 2017 como un libro autónomo editado por Christopher Tolkien baixo o título Beren and Lúthien. A historia é unha das tres contidas no Silmarillion que Tolkien cría xustificadas para teren as súas propias narrativas de longa duración, sendo as outras dúas The Children of Húrin e The Fall of Gondolin. O libro está ilustrado por Alan Lee e editado por Christopher Tolkien, e presenta diferentes versións da historia, mostrando o desenvolvemento do conto ao longo do tempo.

Notas

Referencias primarias

Referencias secundarias

Categoría:Obras literarias de 2017 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras de J. R. R. Tolkien Categoría:Libros sobre a Terra Media