O Ilves Ringette é un equipo de ringette da cidade de Tampere (Finlandia). O equipo compite na Ringeten SM-sarja, a máxima categoría do ringette finlandés. É unha das seccións activas do club polideportivo do mesmo nome.

Historia miniatura|250px|Quecemento antes dun partido da SM-sarja entre o Ilves (ao fondo) e o Lahti Ringette en Tesoma durante a tempada 2021-22. O equipo foi fundado en 1992, cando as xogadoras de fútbol Heli Vaikkola e Riitta Tanila propuxeron procurar un deporte de inverno para nenas que tivera menos contacto que o hóckey sobre xeo. Daquela xa se xogaba ringette na cidade, no club específico Tampereen Ringette, así como no Ylöjärven Ilves. O traballo coa base tivo a súa recompensa en 1997, cando o primeiro equipo de Ilves ascendeu á SM-sarja.

Na tempada 2017-18 o equipo júnior C proclamouse campión de Finlandia.

Ao final da tempada 2018-19 o club conseguiu o seu primeiro campionato de Finlandia sub-19 da man do seu equipo júnior B, que se impuxo ao equipo de Hyvinkää nas finais da B-SM-sarja por 4-3. Máis de 200 persoas presenciaron o encontro disputado en Tesoma, o que supuxo a mellor entrada da tempada. Tan só dúas semanas despois, o equipo júnior C desprezouse para tentar revalidar o título conquistado na tempada precedente na súa categoría, o que logrou logo de gañar na final o Blue Rings de Tuusula por 3-2, nun torneo no que a xogadora do Ilves Lotta Kujala foi nomeada mellor defensora. Pola súa banda, o primeiro equipo caeu no partido pola medalla de bronce da Ringeten Ykkössarja, segunda categoría do ringette finlandés, fronte as Haukat, marcándose como obxectivo o ascenso á máxima categoría na tempada seguinte. Ese ano o club foi recoñecido como "Club de Ringette do Ano".

Pavillón

miniatura|Exterior do Tesoman jäähalli. O equipo de ringette do Ilves xoga os seus partidos como local no Tesoman jäähalli, unha pista de xeo de propiedade municipal situada na parte occidental de Tampere, no distrito de Tesomajärvi. Construída en 1989, foi demolida e substituída por un novo pavillón en 2017, aumentando a súa capacidade a 1 500 persoas fronte ás 800 do edificio anterior.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Tampereen Ilves Categoría:Equipos de ringette de Finlandia