Domingo Rodríguez Rodríguez, coñecido como Inca e Domingo das Perdices, nado en Corzos (A Veiga) en 1909 e finado en Francia en 1999, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa nai morreu queimada viva cando os falanxistas da zona lle prenderon lume á casa familiar. Formou parte do grupo de Alfredo Yáñez Domínguez (Aguirre) con Panarra, Serio, José Vega Seoane Animas e Sinsegundo, antigos membros da Sociedad Obrera y Campesina de Xares que actuaban na Cabreira, Ponferrada, Viana do Bolo, O Bolo, O Barco de Valdeorras e A Gudiña. Militante do PCE. Foi xulgado en Ourense por asasinato e declarado en rebeldía. En febreiro de 1937 procederon a incautación dos seus bens.El Pueblo Gallego, 7-2-1937, p. 8. Trasladouse á zona republicana de Asturias. A principios dos anos corenta era o xefe do grupo guerrilleiro que actuou na serra dos Corzos e na Terra do Bolo e Valdeorras dentro da II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia do que formaban parte Mario Morán García, Arcadio Ríos Rodríguez, Alfredo Yáñez Domínguez e José Vega Seoane. Despois incorporouse ao grupo Cándido Losada Estévez (Malvavisco). En 1948 logrou fuxir de Galicia e exiliarse en Francia. Morreu na rexión de París en 1999.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A Ciudad de la Selva na documentación escrita (II): os primeiros grupos de fuxidos na bisbarra

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados na Veiga Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1999