Evaristo Eive Villar, nado en Regoela (Cabanas) en 1903 e finado no Uruguai, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Irmán de Manuel e José Eive Villar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Integouse no grupo liderado por José Vázquez Mauriz e Ramiro Martínez López que loitaba na bisbarra do Eume. Na primavera de 1944 organizou co seu irmán Manuel, Ramiro Carbón Fornos e José Vázquez Mauriz, un grupo guerrilleiro no que moitos dos membros eran desertores da base naval de Ferrol. Logrou embarcar en decembro de 1946 rumbo a Francia na evasión do Santa Teresa. Exiliouse no Uruguai.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1903