Squid Game (en ; Ojingeo Geim) é unha serie de televisión surcoreana de 2021 escrita e dirixida por Hwang Dong-hyuk. A serie está protagonizada por Lee Jung-jae, Park Hae-soo e Wi Ha-joon, e conta a historia dun grupo de persoas que arriscan as súas vidas nun misterioso xogo de supervivencia cun premio de 45,6 billóns de wons. A primeira tempada estreouse internacionalmente o 17 de setembro de 2021 a través de Netflix, acadando unha boa acollida da crítica e atención internacional. Converteuse na serie máis vista de Netflix e recibiu numerosos recoñecementos, incluíndo seis premios Primetime Emmy e un Globo de Ouro. A produción da segunda tempada comezou en xullo de 2023 e estreouse o 26 de decembro de 2024. A terceira e última tempada foi filmada consecutivamente coa segunda tempada e está previsto que se estree en 2025.

Sinopse miniatura|Galletas dalgona 456 persoas, todas elas cunha difícil situación financeira, xogan nunha misteriosa competición de supervivencia. Todos eles compiten en seis probas que están baseadas en xogos infantís pero nos cales arriscan as súas vidas. O premio final, composto de 45,6 billóns de wons será para o único supervivente do xogo.

Personaxes Principais Lee Jung-jae como Seong Gi-hun (No. 456) Park Hae-soo como Cho Sang-woo (No. 218) Wi Ha-joon como Hwang Jun-ho Oh Young-soo como Oh Il-nam (No. 001) Jung Ho-yeon como Kang Sae-byeok (No. 067) Heo Sung-tae como Jang Deok-su (No. 101) Kim Joo-ryoung como Han Mi-nyeo (No. 212) Anupam Tripathi como Abdul Ali (No. 199) Yoo Sung-joo como Byeong-gi (No. 111) Lee Yoo-mi como Ji-yeong (No. 240)

Outros Kim Young-ok como nai de Gi-hun Kim Yoon-tae como No. 069 Lee Ji-ha como No. 070 Im Ki-hong como Jung Min-tae (No. 322)

Aparicións especiais Gong Yoo como o vendedor Lee Byung-hun como Front Man

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión en lingua coreana Categoría:Series de televisión de Corea do Sur