Nicolas Pierre Tiolier, nado en París o 9 de maio de 1784 e finado na mesma cidade o 25 de setembro de 1843, foi un escultor, medallista e gravador de moedas e de xemas francés.

En 1816 substituíu o seu pai, Pierre Joseph Tiolier, como décimo sexto gravador xeral de moedas de Francia e exerceu este cargo ata o 1 de xaneiro de 1843, cando tomou posesión del Jacques Jean Barre.Rodot, N. (1904). Páxina 378.

Traxectoria Nicolas Pierre era fillo do tamén gravador e medallista Pierre Joseph Tiolier (1763-1819). Na súa xuventude foi alumno do seu pai, así como do gravador Romain Vincent Jeuffroy (1749-1826) e do escultor Claude Dejoux (1732-1816).Barre, A. (1867). Páxina 11.Forrer, L. (1916). Páxina 99.Parkes Weber, F. (1907). "Medals and medallions of the nineteenth century relating to England, by foreign artists". En Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. 4ª serie. Vol. 7. Páxina 259

Nicolas Pierre Tiolier obtivo en 1805 o primeiro Premio de Roma de gravado de medalla e pedra fina (unha bolsa do Esatdo francés para estudantes de Arte), pola súa obra Le Génie de la gravure présente un cachet à l'Empereur qui lui donne une couronner.Marx, R. (1897). Páxina 37. Como gañador deste premio, residiu en Villa Medici, en Roma, entre 1806 e 1811.Rambach, H. J. (2013).

En 1816 herdou do seu pai o cargo de gravador xeral de moedas de Francia. No exercicio desta responsabilidade foi o deseñador e gravador dos cuños dunha gran cantidade de medallas e dalgunhas das moedas máis sobranceiras cuñadas na Monnaie de Paris a nome de Napoleón I (1804-1815), Lois XVIII (1814-1824), Carlos X (1824-1830), Lois Filipe I (1830-1848).Moedas francesas gravadas por N. P. Tiolier. Numista.comForrer, L. (1916). Páxinas 100-102. miniatura|240x240px|Tumba da familia Tiolier no cemiterio Père-Lachaise, de París.Texto da lápida (fragmento): [...] Ici repose Nicolas Pierre TIOLIER ancien graveur général des monnaies, officier de la légion d'honr et de Sainte Anne de Russie, né à Paris le IX mai MDCCLXXXIV, décédé à Paris le XXV septembre MDCCCXLII [...] A Tiolier débeselle tamén o deseño dos selos estatais de Napoleón I, de Lois XVIII e de Carlos X.Forrer, L. (1916). Páxina 102.Huet, E. (1915). "Le sceau du roi Louis XVIII". En Bulletin de la Société archéologique et historique de l'Orléanais. Tomo XVII. Nº 208.Páxinas 177-178.

Foi un asiduo participante nos Salóns de París, onde expuxo as súas obras desde 1812 ata 1831, e na edición de 1824 acadou unha medalla de segunda clase.Forrer, L. (1916). Páxina 100.Bellier de La Chavignerie, E. (1882). Páxina 576.

A súa sinatura nas moedas e medallas que deseñou ou que gravou é, habitualmente: TIOLIER, ou N. TIOLIER F ·, ou N · TIOLIER F·.

O 23 de abril de 1821 recibiu o título de cabaleiro e o 31 de xullo de 1825 o de oficial da Lexión de Honra.

Tiolier morreu en París o 25 de setembro de 1843 e foi soterrado no cemiterio Père Lachaise, de París."Tiolier, Pierre Nicolas (1784-1843)". Cimetière du Père Lachaise."Nicolas Pierre Tiolier". Find a Grave.

Escolma de traballos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. Pillet Fils, París. Bellier de La Chavignerie, E. (1882). "Tiolier (Pierre-Nicolas)". En Dictionnaire général des artistes de l'École française depuis l'origine des arts du dessin jusqu'à nos jours: architectes, peintres, sculpteurs, graveurs et lithographes. Tomo 2. Renouard, París. Páxinas 575-576. Forrer, L. (1916). "Tiolier, Nicolas Pierre". Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 6. Spink & Son. Londres. Páxinas 99-102. Marx, R. (1897). Les Médailleurs français depuis 1789, notice historique, suivie de documents sur la glyptique au XIXe siècle. Société de propagation des livres d'art, París. Rambach, H. J. (2013). "Nicolas Pierre Tiolier". En Bulletin Numismatique CGB.fr. Nº 121. Xullo. Páxinas 20-23. Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en France. Leroux, París.

Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1843 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Francia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Escultores do século XIX