Finwë e Míriel son personaxes ficticios presentes no legendarium de J. R. R. Tolkien. Finwë, ás veces alcumado Noldóran, é o primeiro rei dos Noldor que liderou ao seu pobo na viaxe dende a Terra Media até Valinor, no reino de Aman. Míriel foi a primeira esposa de Finwë, quen morreu cando daba a luz ao seu único fillo Fëanor, creador dos Silmarils; o seu espírito serviría máis tarde á raíña Vala Vairë como historiadora.
A historia de Finwë e Míriel foi descrito como un elemento extraordinariamente importante da mitoloxía de Tolkien. O Silmarillion, editado por Christopher Tolkien a partir dos escritos inéditos do seu pai, só menciona brevemente o conto, aínda que algunhas fontes suxiren que Tolkien tiña a intención de incorporar unha versión máis completa.
Notas Fontes primarias Esta lista identifica a localización de cada elemento nos escritos de Tolkien.
Fontes secundarias
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Elfos da Terra Media Categoría:Personaxes d'O Silmarillion