Isabelle de Charrière, nada o 20 de outubro de 1740 e finada o 27 de decembro de 1805, coñecida como Belle van Zuylen nos Países Baixos, e nada como Isabella Agneta Elisabeth van Tuyll van Serooskerken, foi unha escritora e música neerlandesa.

Realizou a súa produción literaria en francés. Viviu de preto a Revolución francesa, a cal reflectiu na súa obra. Nos seus escritos interroga sobre a situación das mulleres e a posición que a ideoloxía dominante lles reserva. Defendeu a educación das mulleres, cuestionando o determinismo da natureza defendido por Jean-Jacques Rousseau e sostivo que as desigualdades entre homes e mulleres non se debían á natureza senón ás desigualdades sociais que acaban marcando os roles diferentes.

Obra

Notas

Categoría:Nados en 1740 Categoría:Poetas en lingua francesa Categoría:Nobreza dos Países Baixos Categoría:Compositores dos Países Baixos Categoría:Finados en 1805