A columna rota é unha pintura ao óleo sobre masonita (taboleiro aglomerado)Vicente 2021, p. 264 da artista mexicana Frida Kahlo, pintado en 1944, despois de se someter a unha operación cirúrxica na columna para corrixir problemas recorrentes por mor dun grave accidente de circulación cando a pintora tiña dezaoito anos. O orixinal está exposto no Museo Dolores Olmedo, en Xochimilco, na Cidade de México.

Descrición Como con moitos dos autorretratos de Kahlo, a dor e o sufrimento son o foco do traballo,Finger et al. 2013, p. 246 mais, ao contrario de moitos dos seus outros traballos, que inclúen papagaios, cans, macacos e outras persoas, neste cadro aparece ela completamente soa. A súa presenza en solitario nunha paisaxe rota e árida simboliza tanto o seu illamento como as forzas externas que afectaron á súa vida: de igual xeito que un sismo racha e fende a paisaxe, o accidente de Kahlo crebou o seu corpo.Lindauer 2011, p. 68

No cadro, o torso espido de Kahlo divídese, reproducindo a terra desolada detrás dela e revelando unha columna xónica fracturada no lugar da súa columna vertebral, e que dá título á obra. O seu rostro está a ollar cara a adiante con firmeza mentres as bágoas están a correr polas meixelas. Aínda que o seu corpo está roto, a súa sensualidade externa está contaminada con cravos perforando o corpo o que suxire a iconografía do martirio. O pano que se envolve na parte inferior do corpo e que ten nas mans, non é un signo de modestia, senón que reflicte unha iconografía cristiá, igual que os cravos do rostro e do corpo.Kettenmann 2000, p.67 miniatura|Martirio de san Sebastián, realizado por Il Sodoma, contra 1525 O xustillo de metal, que representa un aparello contra a poliomielite, non un aparello cirúrxico, pode referirse á súa historia de poliomielite ou simbolizar as limitacións físicas e sociais na vida de Kahlo. En 1944, os médicos de Kahlo recomendáronlle que levase un xustillo de aceiro no canto dos moldes de xeso que usara con anterioridade. A faixa da foto é unha das moitas que realmente levou ao longo da súa vida, agora aloxada na súa casa e museo, a Casa Azul.Kardos, "Casa Azul," A City A Month. Na Columna rota, este xustillo mantén unido o corpo danado de Kahlo.Grosenick 2001, p. 252

Kahlo como mártir Pódese realizar unha comparación ou trazar paralelismo entre o retrato de Kahlo e o "martirio de san Sebastián".O’Neill 2011, p. 1031 Na lenda referida ao santo, descobreuse que el era cristián e, por iso, foi amarrado a unha árbore e usado como un branco do tiro con arco. Pesie a ser abandonado para que morrese, conseguiu sobrevivir, para perecer a mans do imperio romano pola súa relixión. A miúdo, é retratado amarrado á árbore co corpo cheo de frechas.

Un poeta estadounidense chamado Bruce Bond explica que "a dor é unha frecha que cravou un corpo no óso" nun poema de 2013 que leva o nome do Santo.Bond 2013, p. 679 Frida aliñouse visualmente co mártir e, sendo criada nun fogar católico, estaría familiarizada co patrón dos soldados. Tamén, Desmond O'Neill, un médico, describe o cadro de Frida como unha ferramenta vital para comprender a dor nos pacientes. O doutor eloxia a capacidade de Frida para retratar a sensación intanxible de dor crónica. Deste xeito convértese en mártir para os que sofren esa doenza. Na súa disposición a expo-la súa alma ao espectador, permite unha maior comprensión do que significa vivir cunha dor constante e intensa. Aínda que a dor está ao noso redor, carecemos da capacidade de "comprendela ou expresala", Frida Kahlo é a excepción ao problema de representar a dor.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Fundación Frida Kahlo (en inglés) Museo Frida Kahlo (en castelán)

Categoría:Obras pictóricas de 1944 Categoría:Obras pictóricas de Frida Kahlo