A base de datos RefSeq (Reference Sequence, Secuencia de referencia) é unha colección de acceso aberto, anotada e revisada de secuencias de nucleótidos (de ADN e ARN) dispoñibles publicamente e dos seus produtos proteicos. Esta base de datos está sendo desenvolvida polo NCBI (National Center for Biotechnology Information dos Estados Unidos), e, a diferenza de GenBank, proporciona soamente un só rexistro para cada molécula biolóxica natural (é dicir, ADN, ARN, ou proteína) para organismos que van desde os virus ás bacterias e os eucariota.

Para cada organismo modelo, RefSeq pretende proporcionar rexistros separados e ligados do seu ADN xenómico, os transcritos dos xenes e as proteínas que se orixinan a partir deses transcritos. RefSeq está limitada a organismos para os cales hai datos suficientes (había datos de máis de 66.000 organismos especificamente “nomeados" en setembro de 2011), mentres que GenBank inclúe secuencias de calquera organismo do que se envíe información (aproximadamente 250.000 organismos especificamente nomeados).

Categorías de RefSeq + Categoría Descrición NC Moléculas xenómicas completas NG Rexión xenómica incompleta NM ARNm NR ARNnc NP Proteína XM modelo de ARNm predito XRmodelo de ARNnc predito XP modelo de proteína predito (secuencias eucariotas) WP modelo de proteína predito (secuencias procariotas)

Para mís detalles e máis categorías ver Táboa 1 en Capítulo 18 do libro The Reference Sequence (RefSeq) Database.

Notas

Véxase tamén Outros artigos GenBank Análise de secuencia Sequence profiling tool Motivo de secuencia UniProt Ligazóns externas RefSeq GenBank, RefSeq, TPA and UniProt: What’s in a Name?

Categoría:Bases de datos biolóxicas