Luis Ernesto Castro Sánchez, nado en Montevideo o 31 de xullo de 1921 e finado na mesma cidade o 16 de decembro de 2002, foi un futbolista uruguaio, que xogaba de dianteiro.

Xogou case toda a súa carreira no National Football Club, formando parte do equipo que nos anos corenta gañou o Quinquenio de Ouro e estableceu récords de xeiras e vitorias contra o seu clásico rival, o Peñarol. Foi internacional coa selección do Uruguai, coa que gañou a Copa América en 1942.

Traxectoria Debutou con Nacional en 1936 e formou parte do Quinquenio de Ouro, o equipo que dirixido por Héctor Castro e con xogadores como Aníbal Paz, Schubert Gambetta, Eugenio Galvalisi, Roberto Porta, Aníbal Ciocca ou Atilio García, gañou cinco campionatos da Primeira División consecutivos entre 1939 e 1944. Gañou ademais os títulos de 1946 e 1947, con Enrique Fernández e Ricardo Faccio no banco.

En 1950 xogou en River Plate, volvendo a continuación ao Uruguai para xogar no Defensor Sporting.

Selección nacional Foi internacional coa selección de fútbol uruguaia en 18 ocasións, marcando 4 goles. Foi convocado por José Pedro Cea para a Copa América de 1942, onde marcou tres goles e contribuíu ao triunfo do equipo uruguaio. Acudiu tamén coa selección uruguaia á Copa América de 1945 e ao Mundial de 1954 en Suíza, onde o Uruguai caeu nas semifinais contra a Hungría de Puskás, Czibor e Kocsis.

Palmarés Club Nacional

Primeira División do Uruguai (7): 1939, 1940, 1941, 1942, 1943, 1944, 1946, 1947. Copa Aldao (2): 1940, 1946.

Selección do Uruguai

Copa América (1): 1942.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Finados en 2002 Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Club Nacional de Football Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Defensor Sporting Club Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1954