María del Carmen Sierra Domínguez, nada en Pontecesures (daquela pertencente a Valga) o 3 de maio de 1906 e finada en Caracas o 22 de decembro de 1996, foi unha profesora e política galega, a primeira muller socia do Seminario de Estudos Galegos.

Traxectoria Foi filla de Salvador Sierra Trasande e Carmen Domínguez Orense. En 1922 comezou os estudos na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou na sección de Historia en 1926.El Eco de Santiago, 7-6-1926, p. 2.El Ideal Gallego, 9-6-1926, p. 4. Foi a primeira muller admitida no Seminario de Estudos Galegos, o 16 de novembro de 1923, e tamén a primeira en aparecer nunha noticia de prensa relacionada con esta institución. Foi nomeada profesora de Literatura do Instituto de Sanlúcar de Barrameda en 1933.El Ideal Gallego, 7-11-1933, p. 1. O ano seguinte foi nomeada profesora do Instituto de Linares, onde compartiu aulas con Xosé Manuel Cabada Vázquez e Carlos Díaz Rodríguez.Gaceta de Madrid, 294, 21-10-1934, p. 553. En marzo de 1935, Carlos Díaz, con quen casou Sierra, foi nomeado secretario do Instituto de Linares.Gaceta de Madrid, 66, 7-3-1935, p. 1966

Carmen Sierra pertenceu ao PCE e despois da guerra instalouse en Pontecesures co seu home. Alí rexentou a explotación gandeira de Cortinallas. Carmiña e Carlos participaron na estrutura clandestina do PCE e mantivo contacto con Isaac Vázquez Pardo a través do seu curmán Ramón Baltar Domínguez. Foi detida o 5 de xaneiro de 1946 e estivo presa no Cárcere de Ventas. Xulgada en consello de guerra en maio de 1948 con Esperanza Batanero e Lola Freixa, foi condenada a 4 anos de prisión. Ao levar case 3 anos detida, saíu en liberdade condicional a finais de agosto de 1948. Instalouse en Madrid cos seus fillos e traballou nunha libraría. En 1952 marchou a Venezuela.

O libro de Suso de Toro sobre Ramón Baltar dedícalle un capítulo a súa figura.Toro, Suso de En 2023 Aurora Marco publicou un libro sobre a súa vida.

Vida persoal

Casou con Carlos Díaz Rodríguez en 1933 e foi nai de María Dolores e Carlos. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Mulleres no Seminario de Estudos Galegos no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes