dereita|miniatura|A bandeira de Finlandia, unha cruz nórdica azul sobre un campo branco. O nacionalismo finés é a ideoloxía nacionalista que defende a nacionalidade dos fineses e promove a súa unidade cultural. O nacionalismo foi unha forza central na historia de Finlandia durante os últimos dous séculos. O espertar nacional finés a mediados do século XIX foi o resultado de membros das clases altas de fala sueca que elixiron deliberadamente promover a cultura e a lingua finesas como un medio para a construción da nación, é dicir, para estabelecer un sentimento de unidade entre todas as persoas en Finlandia, incluído (e non menos importante) entre a elite gobernante e os labregos gobernados. A publicación en 1835 da epopea nacional finesa, o Kalevala, unha colección de mitos e lendas tradicionais que é o folclore común dos fineses e os carelios, axitou o nacionalismo que máis tarde levou á independencia de Finlandia de Rusia.
O nacionalismo foi disputado polo elemento prorruso e polo internacionalismo do movemento obreiro. O resultado foi unha tendencia cara ao conflito de clases sobre o nacionalismo, mais a comezos de 1900, as clases traballadoras dividíronse en Valpas (énfase na loita de clases) e Mäkelin (énfase nacionalista).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Full text.
(Covers 1820 to 1910.)
Categoría:Nacionalismo finés