O Club Esportiu Bàsquet Llíria é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Llíria, Comunidade Valenciana. Actualmente compite na Liga EBA, cuarta categoría do baloncesto español. O maior éxito do club produciuse entre 1991 e 1993, cando o club xogou na Liga ACB. Durante esa etapa na máxima categoría, o club recibía o nome de Ferrys Llíria por motivos de patrocinio.
Historia O baloncesto chegou a Llíria en 1945, importado desde Madrid por Pep Jordan, quen realizaba alí o servizo militar, calando moi rapidamente entre a poboación local.
Desde o ascenso na temporada 1967−68 á 2.ª División, o club viviu épocas de grandes éxitos, xogando varias tempadas seguidas dacabalo entre a 2ª e a 1ª División Nacional. Na temporada 1990−91, o Llíria coróase como subcampión da 1ª División é consegue o ascenso á máxima categoría do baloncesto español, a Liga ACB, sendo o técnico do club Andreu Casadevall. Alí permanece durante dúas temporadas, tendo que xogar debido ás limitacións do seu pavillón no Pavelló Font de Sant Lluís de Valencia durante a primeira delas. En 1994 o club tenta inscribirse de novo na ACB, máis a asociación rexeita a petición. O caso foi aos tribunais, fallando a xustiza en 2002 a favor da ACB.
Após o descenso, o club permaneceu catro temporadas na segunda categoría, a Liga EBA. A partir de 1997 o club tan só compite en categorías inferiores. En 2001 o club é refundado como Club Esportiu Bàsquet Llíria e regresa á Liga EBA. Na temporada 2005−06 o club ascende á terceira categoría, a LEB-2, até que en 2007 volve competir tan só en categorías inferiores. Desde aquela o club compite entre a Primeira Nacional e a Liga EBA, quinta e cuarta categoría do baloncesto español respectivamente.
Xogadores Destacados
José María Alarcón Alfonso Albert Quique Andreu Chus Bueno Carlos Dicenta Juan Morales Nacho Rodilla Quique Ruiz Paz Quino Salvo Jordi Soler Óscar Yebra Nenad Marković Lance Allred Dan Bingenheimer Lorenzo Charles Ron Grandison Scott Roth Richard Scott Vernon Smith Howard Wood
Historial O seguinte é o historial do club na máxima categoría. AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1991–92 1Liga ACB 16º 15–28Primeira rolda1992–93 1Liga ACB21º 12–24Primeira rolda
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do CEB Llíria
Lliria CEB