Les Roseaux sauvages é un filme francés de 1994 dirixido por André Téchiné. O filme trata do espertar de catro adolescentes e a súa transición á adultez a finais da guerra de Independencia de Alxeria. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 67ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Sinopse Suroeste de Francia, 1962. Dous adolescentes, François e Maïté, acoden a unha voda. Un militar casa cunha campesiña para evitar volver a Alxeria a facer a guerra. Este pídelle á nai de Maïté, a Sra. Álvarez, responsable da célula local do partido comunista e profesora do seu irmán, que o axude a desertar, mais ela négase porque o partido, igual que o presidente de Gaulle, apoia a independencia. François atópase co irmán do soldado, Serge, que lle pide axuda para a materia de francés. François acepta e ao ir facéndose máis amigo de Serge dáse de conta de que prefire os mozos. Sincérase con Maïté, que non se sente atraída por ninguén e rexeita de momento a sexualidade.

Personaxes miniatura|Os protagonistas, Gaël Morel e Élodie Bouchez, promovendo o filme no Festival de Cannes de 1994. Élodie Bouchez como Maïté Alvarez Gaël Morel como François Forestier Stéphane Rideau como Serge Bartolo Frédéric Gorny como Henri Mariani Michèle Moretti como Madame Alvarez Jacques Nolot como Monsieur Morelli Eric Kreikenmayer as Pierre Bartolo Nathalie Vignes como Irène Michel Ruhl como Monsieur Cassagne Fatia Maite como Aicha Morelli

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por André Téchiné Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes ambientados en 1962